Paisaxismo: Joséphine Sarazin de Belmont #MulleresArtistas #MujeresArtistas

Joséphine Sarazin de Belmont, unha das primeiras mulleres paisajistas, nacida en Versailles en 1790, foi alumna de Pierre-Henri de Valenciennes, o avó da pintura de paisaxes francesa. Ela mesma sobresaíu na paisaxe e a pintura arquitectónica e expuxo regularmente no Salón de París entre os anos 1812 e 1867, o que se considera unha importante carreira de Salón para unha muller pintora. En 1831 recibiu alí o segundo premio e en 1834 o primeiro premio. As súas pinturas poden verse nas coleccións da Alte Pinakothek, Munich, nos museos de Dresden, Hannover e Montauban e en varios museos franceses como o Louvre, París.

About the author: Lucía Blanco

Leave a Reply

Your email address will not be published.