Neoclasicismo: Sarah Miriam Peale, pintora de retratos #MulleresArtistas #MujeresArtistas

Sarah Miriam Peale foi unha pintora estadounidense. Era filla do pintor estadounidense James Peale, quen foi o seu primeiro mestre; tamén estudou co seu primo, o tamén pintor Rembrandt Peale.

Pintou ao óleo. Os temas que cultivou foi o bodegón, a miniatura e, sobre todo, os retratos. Xunto coa súa irmá Anna Claypoole Peale foron as primeiras mulleres en entrar na Academia de Belas Artes de Pennsylvania. Na colección permanente do Museo Nacional de Mulleres Artistas, en Washington, DC, consérvanse Isaac Avery e Susan Avery, retratos pintado ao óleo sobre lenzo que datan os dous de 1821.

About the author: Lucía Blanco

Leave a Reply

Your email address will not be published.