Rose-Adélaïde Ducreux foi unha pintora e música francesa.

Era a filla maior do pintor Joseph Ducreux, con quen estudou. Entre 1791 e 1799 mostrou as súas obras en salóns do palacio do Louvre.

En 1791 pintou un autorretrato no que aparece tocando o arpa, hoxe na colección do Museo Metropolitano de Arte de Nova York.