Marie Gabrielle Capet foi unha pintora francesa, dedicada a retratos en pinturas ao óleo e acuarelas. Marie Gabrielle era filla dun servente. Aos vinte anos foi estudar pintura a París con Adélaïde Labille-Guiard. Entre as súas compañeiras de estudos atopábanse Marie-Victoire d’Avril e Marie Marguerite Carreaux de Rosemond. Dous anos máis tarde, grazas ao seu dominio na pintura ao óleo permitíuselle presentar os seus primeiros autorretratos. Expuxo desde 1781, un gran número de retratos, dos cales os máis coñecidos son os de Madame Adelaida e Madame Vitoria e o de Madame Labille-Guiard coas súas alumnas. As súas principais obras exhíbense no Salon da Jeunesse (Salón da Mocidade) desde 1785.

Varios membros da familia real foron clientes seus, entre eles as tías de Luís XVI, Madame Adelaida e Madame Vitoria.