Naceu en Logorn, norte de Italia, en 1759, filla dun inglés e unha italiana que tiñan unha pousada en Florencia. Os ingleses paraban alí e alí coñeceuna de nena prodixio Angélica Kauffman. Xa en 1778 é académica da Accademia de Florencia e en Roma coñece a Fuseli, Mengs, etc. Cando morre o seu pai en 1779 quixo entrar nun convento. A nai e A. Kauffman disuádena e esta convídaa a ir a Londres. Alí introdúcea no círculo artístico. En 1781 expón na Royal Academy 3 obras. Fai temas literarios ingleses e retratos heroicos.