Matricula Curso Sobre Mulleres Artistas Universidade Popular De Ourense

Por segundo ano Lucia Blanco Garcia impartirá este curso chamado “As Mulleres Artistas que escribiron unha parte da historia da arte” de 30 horas de duración os luns e mércores de 17:00 a 20:00 dende 0 22 de marzo ata o 30 de abril dentro do programa da Universidade Popular de Ourense 2017/2018.

PRAZO DE SOLICITUDE
Do 2 ó 31 de outubro de 2017, con preferencia na orde de entrega da solicitude.
O formulario de preinscrición se activará o luns día 2 de outubro as 9:00h na páxina web da concellerida de educación do concello de Ourense 

http://www.educacionourense.com/

  • O obxectivo deste curso é presentar aos estudantes os elementos básicos para coñecer o desenvolvemento histórica da arte.
  • Que o alumno coñeza especificamente as fontes, as tendencias, os artistas e as obras máis importantes e representativas de cada un dos períodos da Historia da arte e no marco de diferentes culturas.
  • Reflexión sobre perspectiva de xénero e igualdade de oportunidades.
  • Por en valor a existencia de mulleres que tiveron un papel moi importante ao longo de toda a historia da arte.
  • Que o alumno desenvolva o seu espírito analítico e crítico e a súa sensibilidade para ver e ler a obra de arte; que se afaga a interpretar a linguaxe das súas formas, a apreciar os seus valores estéticos e a extraer dela informacións sobre a cultura que a xerou. A obra de arte, ademais de posuír o seu propio valor intrínseco, é un excelente medio para entender e saber apreciar o pasado da humanidade e a civilización na que ela mesma foi creada.
 

About the author: Lucía Blanco

Leave a Reply

Your email address will not be published.