0 estudiante

Este LABORATORIO TEATRAL plantexará, no primeiro módulo, Maio e Xuño do 2018 en Ourense, con tres horas semanais, unha aproximación ó que chamamos Idioma do Corpo. A investigación céntrase no coñecemento do corpo para que este exprese toda a súa capacidade comunicativa. A relaxación, a respiración, a memoria sensitiva, axudarán a que poidamos dar as respostas buscadas en cada circunstancia. Os traballos de improvisación e de verbalización do texto farannos conscientes do aproveitamento das capacidades que se abren coa posta a punto desa ferramenta fundamental que é o noso corpo.

Nos seguintes módulos, a desenvolver no resto do ano 2018, (setembro-outubro e novembro-decembro) e traballaremos a aplicación do investigado con textos teatrais e poéticos, asi como pequenas escenificacións de microteatro.

Mais alá da expresión teatral, trátase de poñer en valor as capacidades para unha expresión verbal e corporal, bloqueada moitas veces por timidez, por medo, por falta de confianza, que temos por descubrir en nós mesmos.

Curriculum está vacío

Instructor

User Avatar Lucía Blanco

Gratis